Portada Barrios xullo 2015

No número de xullo da publicación gratuíta, entrevistamos a Gerardo Seoane, Antonio Pérez, Francisco García e José Luis Ferro sobre o que esperan deste mandato que inician.

Xa foi publicado un novo número de Barrios, a publicación mensual gratuíta que se buzonea en Xinzo, Verín, Allariz e Celanova.

Nel entrevistamos ao novo alcalde de Verín, o socialista Gerardo Seoane, e aos rexedores de Xinzo, o popular Antonio Pérez, de Allariz, o nacionalista Francisco García, e de Celanova, José Luis Ferro, do PP, sobre os proxectos máis destacados desta nova lexislatura. E nunha reportaxe recollemos canto custarán estas catro novas corporacións.

{source}
<div data-configid=»2135823/14193095″ style=»width:550px; height:464px;» class=»issuuembed»></div><script type=»text/javascript» src=»//e.issuu.com/embed.js» async=»true»></script>
{/source}

Ademais, informamos da próxima Feira do Viño de Verín, do inicio dunha limpeza xeral en Xinzo, do proxecto de escavacións no castro de Armea (Allariz) para este verán, ou da que será a segunda edición do Festival “Hércules Brass” en Celanova.

Os resultados das carreiras populares de Xinzo e de Celanova, o programa de festas de Santa Mariña en Xinzo, as imaxes do mes, os artigos dos nosos colaboradores e moito máis, dispoñible para descarga en pdf aquí.

Tamén podes consultar o periódico on line aquí.