O presidente de honra do Partido Popular en Monterrei e alcalde durante os últimos 34 anos, será homenaxeado polos militantes o próximo 19 de xullo.
O Partido Popular de Monterrei ten organizada unha comida homenaxe ao que fora alcalde de Monterrei nos últimos 34 anos, e que ademáis ostenta o cargo de presidente de honra do PP neste municipio, José Luis Suárez Conde.
Con esta homenaxe, os afiliados, militantes e simpatizantes do Partido Popular de Monterrei queren agradecerlle a José Luis Suárez Conde «a súa adicación, entrega e traballo a prol dos veciños e veciñas do municipio, que sempre lle manifestaron a súa confianza e respaldo contundente en todas as eleccións municipais dende o ano 1981».
A comida homenaxe será o vindeiro domingo, 19 de xullo, no restaurante Brasil de Verín. Todos aqueles afiliados, militantes e simpatizantes que desexen asistir, deben retirar a súa entrada na sede do PP de Monterrei, que ten un prezo de 30 euros.