O Concello de Allariz está a realizar obras de mellora da rede viaria municipal.
Cun orzamento próximo aos 200.000 euros, o Concello de Allariz está a executar as obras, correspondentes ao ano 2015, da rede viaria co obxectivo de mellorar e facilitar o tránsito nas estradas municipais.
Ata o de agora téñense levado a cabo obras no vial que comunica a Estrada de Xunqueira con Acea de Meire, de Souto coa Cal e en Penamá. Ao mesmo tempo realizouse o parcheo do conxunto da rede viaria.
O alcalde, Francisco García, destacaba ademais que a intervención na estrada de Xunqueira utilizouse por primeira vez aglomerado en frío “que aínda que é máis custoso ofrece máis garantía de duración”.