A quinta edición do festival de metal terá lugar o 19 de setembro no campo da feira de Ourense.
19 de setembro, campo da feira, é a data e lugar elixidos para o 5º Live for Madness Metal Fest, no que xa está confirmada a asistencia dos grupos Childrain (Vitoria), Scent of Death (Ourense), Evil Impulse (Ciudad Real), Agónica (Vigo), Wisdom (Ferrol), e Raze (As Pontes).
As entradas poden adquirirse na web http://bit.ly/5LFMVentaTickets, a un prezo de 8 euros anticipada e 10 na billeteira.
Tamén se pode optar polo pack de entrada e camiseta, cun custo de 15 euros anticipada e 17 o propio día.
Consulta o periódico Ourense por Barrios de xullo e averigua como entrar no sorteo de dúas entradas para o festival, cortesía de La Rockipedia.