O futuro das dúas Prazas de Abastos da cidade, na portada do número de xullo de Ourense por Barrios, xunto a unha entrevista ao novo alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel.
Este mes a publicación gratuíta de referenza en Ourense e A Valenzá leva á súa portada o futuro dos dous mercados da cidade. Dunha banda, a Praza de Abastos nº1, que vén de conseguir 3,6 millóns de euros do 1,5% Cultural para a súa rehabilitación; doutra, a Praza de Abastos da Ponte, cuxa apertura será en dúas fases: primeiro a ludoteca e o local veciñal da primeira planta, mentres que o mercado deberá agardar aínda á adxudicación dos postos.
{source}
<div data-configid=»1855120/14333232″ style=»width:550px; height:464px;» class=»issuuembed»></div><script type=»text/javascript» src=»//e.issuu.com/embed.js» async=»true»></script>
{/source}
Ademais, entrevistamos ao novo alcalde de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, e ao presidente da asociación veciñal “Agarimo” da Cruz Alta, Manuel Carnero.
O que deu de si o primeiro mes de goberno de Jesús Vázquez na capital ourensá, as reivindicacións do CIFP Portovello, os novos sistemas enerxéticos “autosostibles” do CHUO, o programa das Festas da Ponte, ou os resultados dos atletas ourensáns no Campionato Galego de Atletismo son outros dos referentes informativos deste número.
Podes consultar o periódico on line neste enlace.
Ou podes descargarlo en pdf aquí.