Vázquez asumirá a portavocía do Goberno e as competencias de Recursos Humanos e Seguridade Cidadá mentres non se incorpore a nova concelleira popular.
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, delegará en Belén Iglesias as competencias en materia de Cultura, que ata agora tiña o concelleiro Francisco González Bouzán.
O propio alcalde asumirá a portavocía do Goberno, e as competencias en materia de Recursos Humanos e Seguridade Cidadá, en tanto en canto non se incorpore ao Concello un novo edil en substitución de González Bouzán, cuxo escrito de renuncia será posto en coñecemento do Pleno do Concello na súa sesión deste xoves.
O alcalde asinou este martes a proposta de delegación de competencias, que será incluida na orde do día da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do xoves, 30 de xullo. Entrará en vigor ao día seguinte.