Este ano celébrase a oitava edición do Futures «Cidade de Ourense» de tenis no club Santo Domingo do 1 ao 8 de agosto.
O torneo divídese en dúas partes. Unha fase previa que disputarase o 1 e o 2 de agosto e a fase final do 3 ao 8 do mesmo mes.
Na fase previa participarán 48 xogadores, sendo oito os que accedan á fase final. Nesta fase final os oito mellores da previa xuntanse cos 20 que teñen o acceso directo por ocupar mellor ranking ATP e con catro invitados (wild cards) pola organización. En total son 32 os tenistas que disputen as eliminatorias para facerse co futures «Cidade de Ourense».
Algo máis de 22.000 euros é o orzamente deste torneo dos cales 10.000 están destinados a premios.
Chuhan Wang (China), Mateo Nicolás Martínez (Argentina), Ricardo Ojeda, Pablo Vivero, David Vega e Marcos Giraldi (España) e Toby Martin (Gran Bretaña) son algúns dos favoritos a alzarse con este torneo.
A maioría dos xogadores están en idades comprendidas entre os 16 e os 22 anos.
Pistas remodeladas
O club Santo Domingo vén de acometer unha remodelacións nas súas pistas de tenis logrando ser unhas das mellores de toda Galicia.