A redución é importante nas infraccións penais sen delito contra a seguridade vial e tamén nas infraccións administrativas. O número de detidos ascende, mentres baixa o número de imputados.
O Concello de Allariz acolleu unha reunión da Xunta Local de Seguridade, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e o alcalde de Allariz, Francisco García Suárez e na que participaron membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local.
Previa aprobación da acta da Xunta de Seguridade do 10 de xuño de 2014, os representantes das diferentes Forzas e Corpos de Seguridade e Policía Local foron dando conta dos informes en materia de seguridade cidadá e fixeron fincapé na importancia da colaboración entre a Policía Local do Concello de Allariz e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Na Xunta Local de Allariz analizáronse os datos relativos á delincuencia na comarca durante o ano 2014 – Xaneiro – Xuño de 2015, e que expresan unha tendencia estable na cuantificación da totalidade das infraccións penais, respecto ao ano anterior. Mantense o índice de delitos e redúcese lixeiramente o número de faltas. Os niveis de esclarecemento tanto de delito como faltas está por riba do 70%. A redución é importante nas infraccións penais sen delito contra a seguridade vial e tamén nas infraccións administrativas. O número de detidos ascende, mentres baixa o número de imputados.
O subdelegado do Goberno, Roberto Castro, manifestou a súa satisfacción polos resultados acadados en materia de seguridade cidadá na comarca de Allariz e alertou ás Forzas e Corpos de Seguridade a non baixar a garda, “o descenso nas estatísticas delictivas non debe ser condición para o acomodo. Debemos seguir incidindo na constancia do traballo realizado como ata o de agora para que os niveis de delincuencia siga a debilitarse incesantemente”.