Efectivos do GES de Ribadavia e de Protección Civil de Amoeiro recuperaron este venres á mañá do interior dun pozo, o corpo sen vida dun home.

O suceso tivo lugar cando sobre as 11:00 horas de hoxe a Garda Civil solicitaba ao 112 Galicia medios de rescate para unha persoa caída nun pozo, situado nunha pista preto do pobo de Codesada, en Amoeiro.

As forzas da orde investigan as causas do suceso, así como, tratan de averiguar se o infortunado se corresponde coa identidade da persoa que, dende onte buscaban os servizos de emerxencia e despois de que o centro de maiores, onde residía, alertara da súa desaparición.

Segundo indicaron, o señor padecía desequilibrios mentais e presentaba unha deficiencia física nun brazo. A partir de aí, púxose en marcha un operativo formado por axentes da Garda Civil e por efectivos de Protección Civil.