Só contan cunha motobombo, “medio que sen unha brigada de apoio merma a súa utilidade”, asegura a concelleira Ana María Rodríguez.

A edil socialista de Maceda Ana María Rodríguez Blanco reclama medios contra os incendios, xa que por segundo ano consecutivo unha motobomba é o único medio dispoñible no concelo, “medio que sen unha brigada de apoio merma a súa utilidade”, asegura. Ademais da actuación directa tamén queda sen cubrir, segundo os socialistas, a prevención.

“Sen entrar en polémicas de se a Xunta non enviou o convenio segundo o alcalde ou da súa propia falla de interese, o certo é que as administracións autonómica e local deixan a Maceda con medios deficientes”, declara.