Parque infantil da estación de autobuses

Esta reforma solicitada pola Asociación Veciñal As Termas responde a unha demanda das veciñas e veciños do barrio.

Dende o 31 de xullo esta a aberto e a dispor das veciñas e veciño o resultado das obras de reforma integral do parque infantil situado nas Vivendas de promoción pública do barrio da Ponte, ao carón da estación de autobuses de Ourense. A mellora deste espazo é unha demanda que realizou nos últimos anos a Asociación Veciñal As Termas e que se viu materializada coa adxudicación dun proxecto por parte do anterior Goberno municipal.

Os traballos consistiron na renovación dos aparatos, instalacións dun novo chan acolchado de cespede artificial, novas árbores e un peche a todo o espazo.

Dende a Asociación Veciñal As Termas destacan que a perseveranza que tiveron durante os últimos anos para defender esta demanda dos veciños do barrio fixo posible que hoxe sexa realidade. En palabras do presidente da asociación, Ángel Gómez: “esta reforma integral do parque do barrio é a demostración de que mediante a unión e a participación activa das veciñas e veciños é posible conseguir melloras para os barrios”.

A zona infantil recibiu este venres a visita do alcalde, Jesús Vázquez, e os concelleiros Sofía Godoy e José Araújo.