Por primeira vez, a Universidade Popular ofrecerá 127 cursos. O prazo de preinscrpción comeza o día 1 de outubro.

 

A Concellería de Educación resolveu seleccionar 127 proxectos formativos para a súa inclusión na Programación 2015-2016 da Universidade Popular, en base á valoración da Comisión Técnica encargada de valorar os proxectos presentados este ano, que foron 454 en total.

Con esta programación, que acada por primeira vez os 127 cursos, está estimado que cheguen aos 3.487 alumnos matriculados. Destes 127 cursos, 45 son de nova creación, abríndose o prazo de preinscrición o vindeiro 1 de outubro.

A Universidade Popular é un dos programas que se poñen en marcha desde a Concellería de Educación xunto con outros como actividades de verán, educación vial ou actividades complementarias, tal e como explica a concelleira Belén Iglesias.“Primeiro redactamos unhas bases para a selección de proxectos, o seguinte será elaborar un Reglamento para a Universidade Popular.

As accións formativas do vindeiro curso da Universidade Popular 2015 inclúen idiomas como inglés, chino, francés, alemán ou linguaxe de signos; ou cursos de informática (15 cursos diferentes, desde inicación a cursos de Photoshop ou 3D Studio Max). Tamén formación relacionada co corpo, saúde e calidade de vida, como primeiros auxilios, ximnasia de mantemento ou nutrición; e outras relacionadas coa cultura, o coñecemento, o tempo libre e as aficións, como un curso de video, fotografía e redes sociais, outro de poda e enxerta, cata de viños ou cociña vexetariana (un total de 16 alternativas).

No apartado de actividades de carácter profesionail, haberá cursos de técnicas de vendas, manipulación de alimentos, inicación á perruquería, monitor de actividades ambientais ou coaching (preto de 40 accións).

E finalmente nos obradoiros de artesanía haberá máis dunha vintena de alternativas, entre clases de pintura, patchwork, tapizado, técnicas de debuxo, corte e confección ou encaixe de bolillos,