A andaina de Bande este ano vén acompañada coa organización do primeiro trail deste concello ourensán.

O domingo 9 de agosto no concello de Bande celébrase conxuntamente a oitava edición da súa andaina e a primeira do trail.

A andaina conta cun percorrido de 20 quilómetros e a súa saída terá lugar ás 9 da mañá, mentres que o trail, dará comezo unha hora despois e ten unha extensión de 23 quilómetros aproximadamente. O punto de maior dificultade desta última proba aparece no quilómetro 14. Cada catro quilómetros os participantes dispoñerán de avituallamento.

O motivo da realización do trail foi, como explicaba na presentación do evento o técnico de deportes de Bande, Jorge Vázquez Álvarez, «a gran demanda que existía para realizar o percorrido da andaina correndo».

Isncrición
Os interesados en participar neste evento poderán inscribirse no pavillón polideportivo do Concello de Bande ou a través da páxina web www.championchipnorte.com. O prazo de inscrición estará aberto ata o propio 9 de agosto.