Puxo en marcha un proxecto de estadías en empresas da comarca para que os rapaces entren en contacto co mundo laboral.

 

O CDR Portas Abertas vén de por en marcha “Elixindo o meu futuro”, unha iniciativa subvencionada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado A finalide deste proxecto é facilitar aos mozos de 14 a 18 anos unha experiencia que lles permita decidir a súa traxectoria formativa profesional a través de estadías e visitas en empresas. Estas estadías terán unha duración de 7 días e 4 horas diarias.

Os sectores foron escollidos polos rapaces (que coñeceron a existencia deste proxecto nos seus propios centros de ensino) en función das súas inquedanzas. A partir de aí, CDR Portas Abertas estableceu contacto con algún dos seus colaboradores, como son Gardería O Castro, Taller mecánico Maraner, Xestoría O&M, Veterinaria Albeitar, Femuro, Cruz Vermella, a cooperativa de consultoría Apoio S.Coop Galega, Borys Martínez Fotografía, Nicandra, Ordenadores Verín, English Academy, Farmacia Santamarina, Verín C.F. e Verín Futsal.