A que fora secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia presenta a sua renuncia ao Parlamento por razóns profesionais e persoais.
Jackeline Elizabeth Fernández Macías, actual presidenta de Novas Xeracións en Ourense, será nova deputada do Grupo Popular en substitución de Carmen Pardo López, que abandona a institución por razóns profesionais e persoais.
Jackeline Fernández Macías naceu o 2 de decembro do 1986 en Venezuela. É licenciada en Administración e Dirección de Empresas e diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Vigo. Presidenta de Novas Xeracións en Ourense dende o ano 2010, forma parte do Comité de Dirección e da Xunta Directiva do PP de Ourense.