Terá lugar no Parque Náutico de Galicia de Castrelo de Miño os días 7 e 8 de agosto.

 

O Concello de Castrelo do Miño coa colaboración da D.O. Ribeiro organiza este venres 7 e sábado 8 de agosto unha nova edición do Ribeiro Blues WineFestival.

O certame contará coa presenza Khalif «Wailing» Walker, J. Teixi Band, Big Lis & Gumbo Band e The Tetas Van na xornada do venres; e o sábado actuarán Shanna Waterstown & The Hawks, Virginia Labaut, Jeb Rault & The Trío e Johnny Cat & The Poor Dogs. Os concertos terán lugar no Parque Naútico de Galicia a partir das 21:30 horas.

23 son as adegas que apostaron novamente por esta iniciativa: Eloi Lorenzo, Solaina Minei, Cunqueiro, Elisa Collarte, Issué, Adega Mª do Pilar, Ramón do Casar, Alter Viña da Cal, Pousadoiro, Eduardo Peña, Adega Viña Carpazal, Viña Costeira, Baruxo, O Alborexar no Ribeiro, Antonio Montero, Leive, Bodegas Valdepuga, Amalia Dieguez Martínez, Quinta do Rebolo, Bodegas Gómez Sanmartín, Miguel Ángel Garrido Raña, Villanueva e Cume do Avia. Todas elas conformarán o salón do viño, onde se poderán degustar os seus mellores caldos.