A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto co delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez González e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, visitaron o centro de adestramento de remos dos balnearios de Arnoia e Laias.
No campo de regatas de Arnoia puideron descubrir o novo equipamento financiado pola Xunta de Galicia que está composto de sala de musculación, remoergómetros e embarcacións de apoio. A adquisición deste equipamento foi posible gracias ao convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense para a realización de actividades de dinamización turística na provincia de Ourense.
Este convenio tamén recollía os actos de promoción internacional de “Ourense Provincia Termal” e potenciación do Centro de Entrenamento de Remo Laias-Arnoia e Castrelo (CERLAC) en diferentes eventos como as Copas do Mundo de Remo de Posnan (Polonia) e Lucerna (Suíza), nos meses de maio e xullo respectivamente, mais no Mundial de Aiguebelette (Francia), que se celebrará a finais deste mes. Esta promoción internacional iniciouse o pasado ano no Mundial de Piragüismo de Amsterdam incluído no mesmo convenio de colaboración do 2014.
Estas actuacións contribúen á potenciación do territorio e a súa consolidación como destino turístico. Os obxectivos son a potenciación da desestacionalización da oferta turística, a elaboración e promoción de produtos turísticos centrados no termalismo e no deporte e a promoción de produtos turísticos en mercados de proximidade.
Nava Castro destacou que o turismo deportivo é un dos atractivos da nosa comunidade autónoma xa que “existen unhas condicións envexables para a práctica de numerosas actividades, dende os deportes tradicionais ata os deportes extremos e os náuticos”.
Nesta visita tamén mantiveron un encontro en Laias con membros da selección australiana de remo e a directora de Turismo especificou que a gran riqueza que ten Galicia para a potenciación do remo é a combinación das infraestruturas necesarias para albergar un centro de concentración de referencia cos beneficios do termalismo a través dos seus balnearios. “Reúne todo o necesario para que Galicia sexa un destino turístico para o entrenamento ao mais alto nivel” explicou.
P