Portada Barrios agosto 2015

Destacamos en portada a apertura do novo Parador no Castelo de Monterrei.

Xa foi publicado o número correspondente a agosto da publicación Barrios para as localidades de Verín, Xinzo, Allariz e Celanova. Este mes levamos a portada a apertura do novo Parador de Verín no Castelo de Monterrei logo da súa rehabilitación; así como unha imaxe do II Festival Hércules Brass de Celanova.

{source}
<div data-configid=»2135823/14754896″ style=»width:550px; height:464px;»

class=»issuuembed»></div><script type=»text/javascript» src=»//e.issuu.com/embed.js»

async=»true»></script>
{/source}

O balance da X Feira do Viño da D.O. Monterrei, as actuacións da Confederación Hidrográfica para restaurar ríos na conca do Limia, os últimos datos de delitos e faltas coñecidos na Xunta de Seguridade de Allariz ou o anuncio da construción dun campo de herba artificial en Celanova son outros dos referentes informativos do mes.

Ademais, neste número entrevistamos aos responsables da cooperativa Xeitura que se dedica á xestión integral do patrimonio cultural e que este verán organiza campamentos en Castromao.

No apartado cultural, recollemos un avance da próxima edición do Esquecemento, do Festival das Artes Escénicas de Riós e das diferentes festas que hai nesta época nas nosas comarcas de referenza.

En deporte, salientamos os éxitos deportivos do macedán Pablo Rodríguez, e recollemos os resultados das últimas carreiras populares en Cartelle e Baños de Molgas e do duatlón de Celanova.

Todo isto e moito máis, podes consultalo online aquí.

Ou podes descargar o pdf do periódico.