As obras realizadas neste enclave do barrio de Barrocás supuxeron un investimento de 8.518,40 euros en material de xogos infantis e aparellos de xogos biosaudables.

 

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, visitaron este xoves a Praza 500, en Barrocás, onde o Concello de Ourense ven de realizar un proxecto de mellora e acondicionamento da zona de xogos infantís e instalación de aparellos de xogos biosaudables para poñer en valor e fomentar o seu uso por parte de veciños de todas as idades deste espazo de referencia do barrio de Barrocás, que se atopaba deteriorado.

En total, a actuación realizada incluiu a substitución dos 70 metros cadrados do chan da zona de xogos infantís, para colocar caucho, substituironse xogos infantís deteriorados e instalouse un tobogán. A maiores, procedeuse á instalación dunha nova estación con 5 aparellos de xogos de exercicios, para facilitar hábitos de vida saudables para todas as idades.

O total das compras realizadas polo Concello a este respecto ascende a 8.518 euros, investimendo onde non está incluida a man de obra, que foi municipal.

Acordos da Xunta de Goberno

Nesta visita, o alcalde deu conta tamén das propostas de adxudicación aprobadas pola Xunta de Goberno local, de dúas obras que próximamente acometerá o Concello: a urbanización da na rúa da Murga e a ampliación da rede de saneamento nos Viros

No caso da rúa da Murga, para o proxecto de mellora de infraestruturas urbanas e urbanización redactado polo Concello presentaron as súas propostas un total de 14 ofertas, resultando a mellor proposta de acordo cos criterios do prego de condicións a realizada por Proyecón Galicia, que ofertou realizala por un importe de 102.366 euros, cun 28,86% de baixa respecto ao orzamento de licitación. Agora requírese a esta empresa para que presente a documentación necesaria para proceder á adxudicación das obras.

As obras permitirán poñer en valor e humanizar este vial, que conexiona a rúa Marcelo Macías co antigo camiño de Barbadás. O proxecto prevé crear un vial interior ao mesmo nivel, similar a unha zona 30, onde a prioridade sexa o peón, cun único sentido de entrada a través de Marcelo Macías e saída cara ao camiño de Barbadás.

Créase unha pequena zona de aparcamento nas proximidades de Marcelo Macías e mantense o espazo central amplo e unha zona de estadía para veciños e veciñas. Tamén se substituirán as redes de abastecemento e saneamento.

O segundo proxecto é o de interconexión do saneamento da rúa Rabaza e o núcleo dos Viros. Neste caso, das 14 ofertas presentadas, resultando ser a mellor oferta de acordo co prego de condicións, a de Construcciones Orega. por importe de 112.023 euros, cunha baixa do 28,43%. A empresa deberá presentar a documentación precisa para proceder á adxudicación.

Na actualidade o núcleo de Os Viros dispón dunha rede de saneamento sen conexión á rede de saneamento municipal. A rúa do Curro, que une o núcelo de Os Viros coa rúa Rabaza dispón de rede de abastecemento para as vivendas unifamiliares que quedan a ambos lados da rúa, pero non de rede de saneamento. Con este proxecto, o núcleo de Os Viros quedará conexionado coa rede municipal de saneamento, instalando unha nova rede cunha lonxitude de 677 metros.

Na mesma sesión, a Xunta Local aprobou a adhesión do Concello ao sistema de contratación centralizada estatal, dependente do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas. Tamén acordou a prórroga do contrato do servizo de limpeza dos centros educativos subscrito coa empresa Linorsa, por un período de un ano, desde o 1 de setembro de 2015 ata o 1 de setembro de 2016.