Visita de Sofía Godoy e Jesús Vázquez ao Fogar do Transeúnte

A Concellería de Asuntos Sociais reforzará os servicios prestados no Fogar do Transeúnte, ofrecendo actividades formativas.

Ademais das pernoctacións, os almorzos, ceas, duchas, servizo de lavandería e vales para o comedor social, o Concello porá en marcha actividades formativas polas tardes, sobre todo referidas á axuda psicosocial, como poden ser as destinadas ao reforzo da autoestima e contra as adiccións.

Dende a Concellería de Asuntos Sociais propiciarase tamén a colaboración con entidades sociais que traballan con grupos sociais vulnerables para que desenvolvan alí accións de dinamización e concienciación social. Do mesmo xeito, durante as tardes, as actividades formativas que actualmente se están levando a cabo (dúas horas diarias) se incrementarán sustancialmente, pasando a desenvolverse tres horas en quenda de mañá e outras tres pola tarde.

Complementando a estas accións, a Concellería de Voluntariado desenvolverá accións para reforzar labores de acompañamento e asistencia de persoas en risco de exclusión social e usuarios destas dependencias municipais.

Estas novas actividades complementarán aos servicios que se prestan actualmente no Fogar do Transeúnte, como son a propia pernoctación, e os almorzos, ceas, ducha, servizo de lavandería e vales para o comedor social (ao marxe da propia pernoctación, pois están abertos a usuarios non aloxados no Fogar do Transeúnte). Tamén se creará un pequeno economato con prezos simbólicos e un básico servizo de gardarroupa.

Así o puxo de manifesto a concelleira responsable da área Social, Sofía Godoy que, en compañía do alcalde, Jesús Vázquez, realizou unha visita a estas dependencias municipais.

Balance

No tocante ás cifras que manexa a Concellería referidas a estas dependencias, o Fogar do Transeúnte rexistrou de xaneiro a xullo deste ano 2015 un total de 2.373 pernoctacións, cunha media diaria de ocupación de 11,19 persoas.

No tocante ao número de usuarios no que vai de ano, foron 314, dos casi 275 foron homes (87,58%) e 39 mulleres (12,42%). No tocante á nacionalidade destes usuarios, a de 229 era española (72,93%).

Deste total de usuarios, 138 deles (43,94%) foron novos usuarios. É dicir: persoas que fixeron uso do Fogar do Transeúnte por primeira vez en 2015. O resto dos usuarios, 176 (56,05%), xa estiveran rexistrados con anterioridade nestas dependencias dende a apertura das súas portas e, en consecuencia, dende que existen rexistros, no ano 1992.