A Xunta de Galicia subvencionará con 50.000 euros esta ampliación.
O director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago, asinou un convenio coa alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino, para a ampliación da casa consistorial. A sinatura tivo lugar este 17 de agostoi na Delegación Territorial da Xunta en Ourense e contou coa presenza do seu delegado, Rogelio Martínez.
30 anos despois da construción do actual edificio do Concello, a Xunta de Galicia faille unha achega de 50.000 euros cos que se poderán ampliar, entre outros espazos, os destinados á atención ao público e ao Arquivo Municipal, actualmente colapsado. O Concello, pola súa banda, achega uns terreos da súa propiedade, o que permitirá adecuar as instalacións ás súas necesidades actuais.