A cita é o sábado 22, a partir das 18 horas.

O sábado 22 de agosto, ás 18 horas, a compañía Ibuprofeno Teatro escenificará unha versión humorística e crítica sobre o fitness nas Piscinas Municipais de Verín. O acto, que organizan e patrocinan o Concello de Verín e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, enmárcase na programación de Camiños da Cultura 2015,

Fitness é un espectáculo creado e representado por Marián Bañobre. Neste acto, a actriz, desenvolve a súa faceta clown e a súa capacidade para representar en espazos non convencionais. A pallasa percorrerá en bicicleta as Piscinas da Granxa facendo deporte en todas as súas variedades, captando a atención do público e interactuar con el. Os espectadores, convertidos en cómplices da actriz, participarán en situacións nas que se ofrece, desde o humor, a sutileza e o misterio, un retrato crítico de certos clixés sobre o universo feminino, como a obsesión polo aspecto físico ou o coidado do corpo.

 

.