Hugo Blanco

Cándido Gómez ocupará a xerencia en funcións do Consello Municipal, que convocará un novo procedemento selectivo.

 

O Concello de Ourense quere felicitar ao xerente do Consello Municipal de Deportes, Hugo Blanco, polo seu nomeamento como novo coordinador de proxectos deportivos internacionais da Liga de Fútbol Profesional (LFP).

O Goberno municipal lamenta a marcha do actual xerente do Consello Municipal, aínda que comprende o seu desexo de afrontar novos retos e proxectos profesionais que lle porá o alcance a súa incorporación á LFP. Quere subliñar o seu recoñecemento polos servizos prestados a este Concello e ao deporte na nosa cidade, e expresar a súa felicitación por acadar este nomeamento logo dun competido proceso selectivo.

Cándido Gómez, actualmente administrador do Consello Municipal de Deportes, pasará a ocupar a súa xerencia en funcións no tempo no que este organismo convoca un proceso selectivo para elixir un novo xerente.