A inauguración da mostra terá lugar o venres 21.

A Sala de Exposicións de Verín acollerá, entre os días 21 de agosto e 12 de setembro, a exposición “Las mujeres, las joyas y los cuentos de hadas” da artista Montserrat Costal.

Montserrat Costal é unha artista polivalente. Como pintora leva vinte años participando en exposicións individuais e colectivas en cidades e vilas de Galicia e Portugal. Desde 1994, ano no que realizou a súa primeira exposición de pintura (Centro Galego de Lisboa), traballa tamén en moda con varias empresas e en varias marcas internacionais. En 2014, creou unha nova marca en bixutería de deseño. Este ano creou a súa propia marca de xoiería, con deseño propio e creación de pezas únicas.

A mostra estará aberta ao público de luns a venres das 10:30 h ás 14:00 h e das 18:00 h ás 20:30 h; sábado, 11:00 h ás 13:30 h.

 

.