Convenios entre cinco concellos e director xeral de Administración Local

Entre outras actuacións, Vicepresidencia da Xuntafinanciará a pavimentación de rúas, a conservación de núcleos rurais e a mellora das infraestruturas de lugares de interese turístico.

 

O director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago, asinou varios convenios de colaboración para a mellora de infraestruturas e equipamentos nos concellos de Cortegada, Padendra, Parada de Sil e San Amaro, todos eles na provincia de Ourense.

En Cortegada a Xunta fará unha achega de 11.895 euros para financiar as obras de traslado de varias oficinas do edificio do Concello; mentres que en Padrenda a súa axuda de 20.000 euros será para a mellora de varias infraestruturas municipais, como o depósito de auga de Casal de Veco ou a renovación das beirarrúas da praza de San Roque, entre outras.

Pola súa banda, en Parada de Sil faranse dúas actuacións, cun importe global de 59.798 euros: a reparación dos pavimentos de rúas nos núcleos de poboación de Caxide, Forcas e Pradomao; e a construción duns módulos de aseos e recepción de visitantes no entorno do Mosteiro de Santa Cristina. Por último, achegaranse 19.834 euros para a mellora e conservación no núcleo de Cristimil, en San Amaro.

Estes convenios asínanse ao abeiro dunha orde de subvencións da Vicepresidencia, para a creación ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais destinadas a concellos galegos en 2015; que está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia.