Jesús Vázquez

Para Jesús Vázquez a presenza do presidente do Goberno en Ourense “significa publicidade”, ademais da ratificación dos prazos do AVE.

 

O rexedor de Ourense, Jesús Vázquez, valorou este xoves “moi positivamente” a visita do presidente do Goberno á provincia polo que significa de “publicidade” para Ourense.

Vázquez Abad expuxo que a deste mércores era unha visita “dirixida a deixar constancia do compromiso co AVE”, de aí que o xefe do Goberno non se achegara ata a cidade, pero dixo que Mariano Rajoy terá “máis oportunidades” de visitar no futuro o concello da capital.

O alcalde rexeitaba deste xeito calquera crítica a que Rajoy non se achegara ata a cidade das Burgas para coñecer de primeira man a situación do Museo Arqueolóxico. “O presidente coñece perfectamente cal é a nosa demanda como cidade e a min gustaríame que lle dese unha resposta en positivo”, afirmou.

Tamén destacou o feito de que Rajoy “tome contacto cos alcaldes e coa cidadanía”, pois, dixo, nestes momentos “se nos esixe certo grao de cercanía”.