Realizarán, ata o 29 de agosto, rutas de sendeirismo, actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia.
Unha expedición de 50 rapaces, con idades comprendidas entre os 9 e 15 anos, participarán do 24 ao 29 de agosto no campamento do Parque Natural do Invernadeiro 2015.
Devandita iniciativa, organizada a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, ten como obxectivo que os nenos coñezan a natureza, impulsar o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas, coñecer a importancia do reciclaxe e a convivencia entre os mozos e co entorno.
Por este motivo, e co fin de recibir unha educación ambiental que lles incentive o respecto e conservación da fauna e flora, os rapaces realizarán, a través do xogo e a diversión, rutas de sendeirismo polas distintas zonas de interese do Parque Natural do Invernadeiro; actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia.