Nos vindeiros días eliminaranse barreiras arquitectónicas das beirarrúas para facilitar o paso deste aparello.

 

A posta en funcionamento dunha varredora mecánica na Valenzá hai uns días contribuirá a mellorar a limpeza na avenida principal. A mecanización destes traballos propiciará que o persoal de limpeza viaria poderá incrementar a súa dedicación a mellorar o servizo no resto de rúas deste barrio do municipio de Barbadás e no resto do concello.

O novo goberno de Barbadás pretende mellorar así a habitabilidade de todos os núcleos que compoñen o concello a través da rendabilización dos recursos dos que dispón a administración local. A nova política de mantemento do servizo de limpeza promovida dende o goberno de Barbadás implicará que a empresa adxudicataria do servizo, Geseco, mellorar a calidade tanto da limpeza viaria coma do coidado de zonas públicas e espazos verdes.

Adaptación das beirarrúas
Nos vindeiros días será preciso acometer cambios relacionados coa reubicación do mobiliario urbano (xardiñeiras, bancos, etc) co fin de adaptar as beirarrúas o paso da varredora. É necesario tamén levar a cabo unha progresiva eliminación de barreiras arquitectónicas que mellorarán non só a accesibilidade da veciñanza e tamén facilitará o tránsito da varredora.

Dende o grupo de goberno de Barbadás piden, ademais, a máxima colaboración dos hosteleiros para adecuar a colocación das cadeiras e das mesas para facilitar o paso da varredora. “Esta iniciativa coincide ademais con unha petición que ven de hai anos procedente da cidadanía e que consiste en mellorar o tránsito de cidadáns en xeral, pero fundamentalmente o de persoas con discapacidade ou de veciños que conducen carriños de bebé ou da compra”, explican.