Neste número tamén informamos da reivindicación de máis fondos para o Museo Arqueolóxico ou dos investimentos da Consellería de Educación en centros da nosa cidade.

Xa está buzoneándose o número de agosto da publicación gratuíta Ourense por Barrios. Nel destaca a entrevista ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, que apela ao diálogo e á busca de consensos coa oposición para sacar á cidade da situación de bloqueo e abandono na que se atopaba.


Ademais, informamos da carta asinada por PP, PSOE e OUeC para demandar ao Ministerio de Cultura máis fondos para a rehabilitación do Museo Arqueolóxico, e dos investimentos que realiza a Consellería de Educación en centros educativos da capital ourensá, dentro dun especial “volta ao cole”.

Unha entrevista coas xestoras das colonias de gatos da nosa cidade, unha reportaxe sobre o funcionamento de Narcóticos Anónimos ou a proposta de “Ideas for Ourense” do mozo ourensán Daniel Rosell son outros dos temas propios do periódico.

A actualidade deportiva e cultural, os artigos dos nosos colaboradores ou as imaxes do mes, completan os contidos.

Podes consultar a publicación on line aquí.