O Ourense Envialia vence no terceiro partido de pretempada ao Chaves nos Remedios por 6 a 1. O Cidade As Burgas venceu 1-4 ao Valdetires Ferrol.

Fácil encontro amigable das ourensás contra o conxunto luso do Chaves. Na primeira metade xa vencían por catro goles a cero. Sara Moreno, que está a realizar unha pretempada fantástica, anotou os dous primeiros tantos. Anita secundoulle co terceiro gol e novamente Moreno facía o 4-0 antes do descanso.

A segunda metade perdeu ritmo e intensidade, lóxico tras deixar as locais o partido de cara nos 20 primeiros minutos.

Chiqui poría o 5-0 e Mariana, de falta, firmaba o único gol das lusas. O sexto e definitivo foi obra de Sara Moreno (o cuarto para ela da tarde) o que deixaba o marcado en 6-1.

A intensidade defensiva, aspecto que esta a traballar o equipo adestrado por Chipi, estase a ver nos partidos de pretempada. En tres encontros disputados, as albinegras encaixaron soamente catro goles.

Cidade As Burgas
Por su parte el Cidade As Burgas venceu no primeiro partido de pretempada ante o Valdetires Ferrol por un gol a catro. As de Manolo Codeso déronlle a volta ao un cero adverso cos goles de Iria (por partida dobre), Vanessa e Sonia.