Os membros do órgano de dirección do Partido Popular de Ourense mantiveron este luns unha reunión en Esgos.
O Centro Cultural “Parada Justel” de Esgos acolleu este 31 de agosto a reunión do Comité de Dirección do PP de Ourense, retomando así a actividade orgánica do partido co inicio do curso político.
Na reunión, que estivo presidida polo presidente provincial, Manuel Baltar, comezáronse a planificar diversos actos e reunións preparatorias de cara aos vindeiros comicios, as Eleccións Xerais. Así, celebraranse reunións en cada partido xudicial da provincia para deseñar, conxuntamente co Comité de Campaña -o primeiro en constituirse de España o pasado 31 de xullo, e que estará coordinado polo secretario provincial do PPOU, Rosendo Fernández-, os actos electorais dos vindeiros comicios.
Tamén se abordou na reunión do Comité de Campaña o tradicional acto de inicio de curso político para os populares ourensáns, que terá lugar, como nos últimos cinco anos, en Os Milagros. Será a Convención de Cargos Públicos, que dará o pistoletazo de saída ao curso político, a partires da segunda quincena de setembro.
Na reunión do Comité de Dirección, o presidente provincial, Manuel Baltar, destacou que “o PPOU está a pleno rendemento para volver a acadar unha importante victoria nas urnas nos vindeiros comicios”.