O novo equipo de Segunda División B de fútbol sala, o Sal Ourense Prolsport, preséntase este sábado diante da súa afección.
O encontro de presentación terá lugar este sábado ás 19 horas na cancha central do pavillón dos Remedios. O rival será o equipo galego de Primeira División do Santiago Futsal.
Será unha boa ocasión para comprobar como marcha a preparación dos ourensáns de cara á nova tempada na que suben dúas categorías con respecto o pasado ano.
Liga
Para o Sala Ourense a competición comeza o vindeiro 19 de setembro diante do Valladolid, na cidade pucelana.
Este ano o derbi ourensán da competición será entre o Sala Ourense Prolsport e o Pizarras Los tres cuñados do Barco de Valdeorras. O partido da primeira volta disputarase no Barco o 21 de novembro (xornada número 10) e o da segunda volta o 2 de abril en Ourense.