As inscricións poden realizarse ata o 7 de setembro na oficina deste colectivo ou por email.
A agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín abre o prazo de inscrición para o seu curso básico de Protección Civil para novos voluntarios.
Este curso de carácter gratuíto, impartido e homologado pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), será obrigatorio para ser membro de Protección Civil e os asistentes recibirán formación homologada en emerxencias (primeiros auxilios, incendios urbanos e forestais, accidentes en estrada, busca e salvamento en montaña…) e en participación en preventivos de concentración de grandes masas de persoas (concertos, desfiles, eventos deportivos e culturais…)
Os interesados deberán inscribirse, antes do 7 de setembro, na oficina de Protección Civil (rúa José María Pereda Álvarez nº3 1º –Casa da Música-) ou enviando un correo electrónico cos datos persoais e un teléfono de contacto a pcivil@verin.net. Os interesados poden obter máis información na través dos perfís sociais de Facebook e Twitter deste colectivo.