Ao pleno de setembro, que se celebra o día 4, estas formacións tamén levan mocións sobre a actualización da RTP do Concello e a creación dun Consello Cidadán de Participación.
Democracia Orensana presentará tres mocións no pleno do 4 de setembro. A primeira delas ten como base que a Relación de Postos de Traballo do Concello de Ourense. Segundo Gonzalo Jácome “está falseada, xa que centos de traballadores realizan un labor distinto a que lle corresponde”. Por iso, DO solicitará que se conovoque urxentemente unha reunión dos grupos municipais, para que estes supervisen e procedan a dispor, que antes de 60 días quede modificada e actualizada unha nova RTP no Concello de Ourense.
En segundo lugar, pedirán que se constituia antes de rematar o 2015, a mesa negociadora que redactará un Regulamento da Policía Local de Ourense para someter a aprobación do Pleno antes de rematar o primer cuatrimestre do 2016. Co fin de que este documento dea resposta “a situacións que pola súa especificidade non son previstas con suficiente detalle polas normas xerais , pero que constitúen na práctica unha parte importante das situacións reais que vive a Policía Local na súa labor de cada día”, expecifican.
Por último, DO presentará outra moción para erradicar o absentismo laboral no Concello, e que se instale o sistema de fichaxe que foi aprobado na anterior mandato e para o cal hai partida específica nos orzamentos municipais. Segundo Jácome, que os 800 empregados municipais non cumplan o seu horario ten un custo para as arcas do Concello de 5 millóns de euros.
Mocións de Ourense en Común
Dereitos laborais, transparencia e participación na xestión municipal serán as tres mocións que Ourense en Común presentará no pleno ordinario deste venres.
A formación considera que unha mala xestión na adxudicación do contrato de axuda a domicilio está a provocar deficiencias neste servizo público. Razón pola que solicitará a creación dunha comisión para revisar todos os contratos do Concello coa empresa adxudicataria Limpiezas, Ajardinamientos y Servicios Seralia, S.A.
Así mesmo, OueC propón a creación dunha mesa de traballo con representación de todos os grupos municipais, aberta á participación cidadá, para buscar entre todos a máxima eficiencia no gasto público e a implantación de mecanismos de transparencia na xestión da Banda Municipal.
Por último, proporá a constitución dun Consello Cidadán de Participación con representación de todos os grupos municipais, técnicos e colectivos sociais para, entre outras, a revisión, actualización e aplicación do Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ourense. De modo que se solucionen serias deficiencias na aplicación deste texto e se garanta a participación real da cidadanía na xestión municipal.