Celebrarase este domingo 6 de setembro no Paseo da Alameda.

 

Allariz prepárase un ano máis para a súa feira máis golosa, a que rende homenxe aos seus postres típicos: amendoados, roscas de Cazo, améndoas de Pico, torta Real e roscas de xema, que estarán acompañados dos máis variados licores.

A Feria do doce, amendoado e melindre de Allariz chega á súa vixésima edición este domingo 6 de setembro, con postos de 10 a 21 horas no Paseo da Alameda. Ás 11 será o turno do concurso de repostería para afeccionados e ás 12.30 amenizarán as compras os temas da banda “Unión Musical de Allariz”. Xa pola tarde, ás 17 horas, será o turno dos máis pequenos, que poderán gozar nun obradoiro de postres. E ás 19 horas será o momento da representación da obra de teatro “Encol da orixe do amendoado” da A.C. Alonso de Paredes.

Produtores artesáns
Na cita estarán presentes os produtores artesáns de Allariz, e ademais, non faltarán produtos típicos doutras rexións da Península Ibérica, como chocolates de Astorga; xemas de León; sobaos e quesadas de Cantabria; tarta de Mondoñedo; bicas de Trives e Laza; rosca de Sober; requesón e mel das Neves; e lérias, foguetes, brisas e papos de Portugal.

Os postos de venda ofrecerán a proba de produtos e licores; e haberá unha degustación solidaria en beneficio de Cáritas Allariz.