Será este venres 4 de setembro ás 19:30 horas. Este servizo estivo activo todos os días de xullo e agosto e realizou máis de 2.200 préstamos.

 

Este 4 de setembro, ás 19:30 horas, farase entrega dos diplomas acreditativos do labor de voluntariado levada a cabo por 16 rapaces, con idades comprendidas entre os 9 a 21 anos, na bibliopiscina coa supervisión do persoal da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín.

Coa entrega dos diplomas quérese recoñecer o gran labor, o entusiasmo e a dedicación destes mozos, que amosaron unha grande responsabilidade a hora de afrontar o traballo na Bibliopiscina.

Este servizo, aberto ao público por sétima vez consecutivamente dende o verán do 2009, conta cunha grande aceptación. Cun total de case 177 horas aberto (todos os días de xullo e agosto) e máis 2.200 prestamos realizados (libros, tebeos, revistas, xogos, etc…), pódese apreciar un importante incremento de participación respecto ao ano 2014, e tamén dos contacontos que se realizaron nas instalacións municipais ao longo de todo o verán.