A Unión Deportiva Ourense denunciou un reparto de horarios de adestramento dos campos municipais totalmente inxusto e arbitrario.
O presidente da entidade, Modesto García, xunto cos directivos, Damián González e Manuel Cabaleiro, apoiados polas xogadoras do equipo feminino, realizaron unha rolda de prensa na que mostraron a súa disconformidade co reparto das horas de adestramento dos campos municipais.
O caso máis sangrante, para o club, é que os equipos infantís non teñe adxudicadas horas para adestrar. Outro dos casos nos que están moi descontentos desde a UD é no que atingue ao equipo feminino. «O único equipo feminino de fútbol 11 da cidade teñen que adestrar tres horas á semana no campo de fútbol 8 de Oira», lamentaba Modesto García.
Petición
O presidente do club explicou como desde o Consello Municipal de Deportes non aclaraban os criterios para as concesións dos campos. «Mandamos un correo preguntando cales eran os baremos para a concesión dos campos. Desde a xerencia do Consello Municipal de Deportes dixeron que era calidade, categoría, idades e difusión. Nos, mediante outro correo pedimos que especificaran un pouco máis ese baremos e a resposta que tivemos foi incrible. Dixeron que dependía de quen forme parte da comisición de valoración». Para o presidente esto é moi grave xa que «poden facer o que lle de a gana».
Facendo unha comparación, o presidente da UD dixo que «ao Ponte danlle en Oira 39 horas e a nós só tres, eles teñen un 93% as instalacións e nós, un 7%».
Cabaleiro
O directivo Manuel Cabaleiro, sempre grandilocuente nas súas declaracións non quixo perder a ocasión para recriminar haber deixado aos infantís sen campo. «Herodes ao seu carón é unha puta merda». E foi máis aló ao comparar o caso co Club Ourense Baloncesto: «Ao COB estanlle a facer mal desde Madrid; a nós, desde aquí, os nosos». E para finzalizar fixo, como bo médico psiquiatra, un «chamamento á cordura».