Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial a visita de Pérez Canal e do consultor experto en Turismo Doménec Biosca.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao presidente da Confederación Empresarial de Ourense, José Manuel Pérez Canal, e ao consultor e experto en Turismo, Doménec Biosca, que este 7 de setembro pronunciou a conferencia inaugural do curso académico 2015-2016 na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense. O presidente do goberno provincial analizou con eles “a posibilidade de poñer en marcha unha estratexia turística provincial, onde o peso do sector económico sexa protagonista para explotar todas as posibilidades que ofrece a “Marca Ourense”, afirmou Manuel Baltar.
Baltar e Pérez Canal acordaron que nos plans para 2016 da Deputación e da CEO –ámbalas dúas entidades estritamente provinciais- o turismo cunha visión integral de provincia ocupe un lugar estratéxico. Doménec Biosca, pola súa banda, ofreceuse a colaborar precisamente para poñer en marcha unha estratexia para potenciar a “Marca Ourense”, e as próximas semanas serán especialmente acaídas para afondar nesta posibilidade, “ao que se sumará a chegada do AVE en 2018, circunstancia que Inorde e CEO consideran que marcará un antes e un despois na provincia de Ourense tanto social, cultural como económicamente”, explica Manuel Baltar.