Veñen de ser abertos os prazos de presentación de solicitudes para optar a subvencións para alugueiro, material escolar e por fillo menor de tres anos.

 

A Concellería de Servizos Socias, Igualdade e Benestar do Concello de Xinzo vén de publicar tres novas axudas. A primeira delas está dirixida a subvencionar o material escolar de alumnos de primaria, secundaria e educación especial para o curso 2015/2016. As solicitudes deben ser tramitadas antes do 2 de outubro nos propios centros escolares.

Así mesmo, vén de abrir un novo prazo, por ampliación de crédito, para otorgar prestacións económicas por fillo menor de tres anos. Esta nova oportunidade vai dirixida a familias que non solicitaron esta axuda na convocatoria de febreiro; e é requisito imprescindible para optar a ela que os proxenitores non fixeran a declaración da renta en 2013. As solicitudes poden presentarse ata o 7 de outubro.

Por último, tamén convocou subvencións para o alugueiro, dirixidas a persoas con orde de desafiuzamento por impago de rendas. O prazo para solicitalas permanecerá aberto ata o 30 de novembro.

Para obter máis información sobre estas axudas os interesados poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xinzo, sito avenida de Ourense 19 (Parada de autobuses); ou chamar ao 651 84 54 99.