No número 125 de Barrios Deportivo sacamos en portada as tres novas máis salientables destas datas: O COB; o biker, Pablo Rodríguez e a carreira da Ponte do «Correndo por Ourense».
En canto ao COB, ten un preacordo coa ACB para que esta o inclúa na Liga Endesa na tempada 16-17; agora falta que se ratifique o acordo na asamblea extraordinaria da asociación de clubs.
Entrevistamos ao biker Pablo Rodríguez que vén de rematar unha fantástica tempada no último na categoría sub23; campión de Europa e de España o avalan.
A cuarta carreira do «Correndo por Ourense» deixounos a Iria Fernández e Javier Paredes como vencedores no barrio da Ponte.
En fútbol, os equipos ourensáns de Terceira comezaron cob bo pe a Liga, mentres que os de Preferente están asentándose nunha competición moi complicada. Pola súa banda, a U.D. Ourense colleitou a súa primeira derrota na Segunda Autonómica diante do Arnoia.
O 19 de setembro, Castrelo de Miño acolle o II Winnerman en Ourense, que este ano, ademais do encoro, trae como novidade unha proba por relevos.
Hípica, tiro, ximnasia, hoquei e moito máis, no número 125 do Barrios Deportivo.
Podes consultalo periódico online, aquí