A Unión Deportiva Ourense venceu no Couto por 8-1 ao Palmés e quitouse a presión de perder no primeiro encontro.

Tan só había pasado unha xornada e xa se escoitaba un ruxe ruxe pola derrota da Unión Deportiva Ourense. Moitos agardaban a este partido para comprobar se había ou non reacción na plantilla unionista.

Nos primeiros minutos notábase esa presión e os xogadores dirixidos nesta ocasión por Rubén García (Antonio Dacosta non se sentou no banco por estar convalecente durante toda a semana) estaban atenazados. A pesar de que o dominio era local os goles non chegaban. Tivo que ser nun erro do porteiro do Palmés cando abriuse, por fin, a lata. Xaco remata de cabeza un balón que chega por alto e moi manso ás inmediacións do porteiro que, incomprensiblemente, non atalla e se introduce no fondo das mallas. 1-0 e presión solta.

Antes do descanso Julio Salgado, Valderas e novamente Julio Salgado deixaban sentenciado o encontro (4-0).

A reanudación foi moi fulgurante, en 20 minutos os locais xa mandaban por sete goles a cero. Jorge en dúas ocasións e Cristian Dacosta firmaban os goles. Máis tarde chegaba o terceiro de Jorge para redondear a goleada. Ao borde do final, os visitantes lograban o gol da honra desde os 11 metros. Obes foi o executor da pena máxima.

Tres puntos que o suben ata a sétima posición con tres puntos. O Couto aliouse cun equipo que sufrirá en campos pequenos e desenrolará o seu podería na casa.