Adiantou que incrementará a colaboración con Afaor, así como os programas municipais: de atención integral dos enfermos e das súas familias, así como os de intervención.
Con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, o Concello de Ourense quere manifestar o seu apoio aos familiares e enfermos desta doenza no Día Mundial desta enfermidade neorodexenerativa que o 21 de setembro se conmemora. A Organización Mundial da Saúde declarou este día despois de que en 1907, o neurólogo alemán Alzhéimer describise os síntomas que presentaba unha paciente de 48 anos con graves problemas de memoria.
Así, neste 21 de setembro, o Concello de Ourense quere amosar o seu recoñecemento á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (Afaor), pola súa intensa labor a prol da concienciación, apoio e prevención desta e outras demencias, así como o apoio decidido aos familiares daqueles enfermos que padecen esta enfermidade.
O Concello de Ourense tamén quere manifestar que reforzará a colaboración con esta entidade social, así como os programas municipais: de atención integral dos enfermos e das súas familias, así como os de intervención (apoio psicolóxico, obradoiros de estimulación, grupos de axuda para coidadores, préstamo de axudas técnicas para persoas dependientes, obradoiros de memoria, etc), que actualmente prestan servizo a 145 enfermos e 40 familiares coidadores.