Unión Deportiva Ourense colleita a segunda derrota a domicilio noutros tantos partidos.

Non está a ser un bo comezo de liga para os unionistas cando teñen que xogar lonxe do Couto. Se na primeira xornada era contra o Arnoia, nesta ocasión foi fronte o Loñoá cando sufríu a realidade dunha Segunda Autonómica que non vai ser, nin de lonxe, o paseo triunfal da pasada campaña en Terceira.

Os locais adiantáronse no marcador cun gol de Alex e antes do descanso un penalti de Lucas Nieto, transformado por Iglesias, supuxo o 2-0. Antes, un gol legal de Julio Salgado invalidouno o colexiado a expensas do linier.

A segunda metade foi dominada polos visitantes que con máis posesión pero sen acerto vislumbraba un final sen recompensa. O marcador non se movería e os capitalinos regresaban sen saldo positivo da súa visita á Carabina.

Dacosta
O adestrador, Antonio Dacosta, mostrábase descontento pola actitud e o resultado. «Non estivemos ben na primeira parte», aseguraba o técnico.

{gallery}stories/deportes/20150921_lonhoaudo{/gallery}

Confiado no ascenso advertiu ao finalizar o encontro que «esta Liga vai ser moi competitiva, imos a ir a campos moi difíciles».

Clasificación
Mirando a clasificación a UD Ourense é undécima con tres puntos. O Melias é o líder indiscutible con nove puntos de nove posible.

A vindeira fin de semana a Unión regresa ao Couto para enfrontarse ao Santa Teresita, segundo con sete puntos. Buscarán que o Couto sexa o lugar para curarse as feridas dos partidos lonxe do seu estadio.