Este domingo 27 de setembro as rúas ourensás volverán encherse de ciclistas que celebrarán a 31ª edición do Día da Bici.

Miles de persoas participarán neste evento que ten un carácter moi familiar pois non é unha competición senón unha manifestación lúdico deportiva pola cidade en favor da bicicleta.

A hora de saída está prevista para as 12 da mañá e contará cun percorrido moi similar ao de anos anteriores.

Inscrición
As inscricións poderanse realizar ata o 26 de setembro na carpa que a organización ten ubicada na rúa do Paseo á altura do Centro Cultural Marcos Valente (antigo Banco de España), ou en ciclos Moure (Camino Caneiro, 12).

Tamén se poderá inscribir o propio día de 10 a 11:30 horas na saída que será na Alameda do Concello.

Os que non se inscriban tamén poderán participar pero non entraran nos sorteos previstos pola organización.

Polémicas
Lonxe queda xa as polémicas que salpicaron este día nos últimos anos e que tiveron como maior desproposito o anterior, A organización tivo que pedir un permiso para manifestarse xa que non lles concederon os permisos, desde o Concello, para poder organizar unha festa da bici que este ano cumpre 31.