Pide aos concellos afectados polo lume e a todos os partidos políticos que se sumen a esta reivindicación.
O Comité en Defensa do Monte Galeg elevará unha proposta ao Parlamento, aos concellos afectados pola vaga de lunes e á FEGAMP para reclamar unha nova política agro-forestal, e pide a adhesión de todos os partidos políticos.
Esta iniciativa xorde a raíz da reunión mantida cos grupos parlamentarios, que asumiron íntegramente, agás o PP que aínda non contestou, o documento aprobado polo Comité e que fora obxecto de lectura na concentración celebrada o 10 de setembro na praza Maior de Ourense.
Do mesmo xeito, o comité realizará durante os próximos días varios actos reivindicativos en distintos lugares da provincia para solictar este cambio.