A Concellería de Deportes organiza master class no pavillón para promocionar a práctica de deportes ou actividades innovadoras durante esta semana.
O polideportivo da Valenzá (Barbadás) oferta esta semana clases gratuítas para promocionar a práctica deportiva. O martes impartiuse unha clase de aerobic night; o mércores haberá unha clase-demostración de cardio combat que se desenrrolará entre as 19,45 e as 20,45h, e o xoves o baile latino será a actividade que porá o broche final a estas master class.
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, considera que “estas clases gratuitas son moi útiles para potenciar o deporte , motivar a aquelas persoas que actualmente non o practican e para fomentar hábitos de vida saudable”, mentres que o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, lembra que “aoó marxe destas clases gratuítas, continúan abertos os grupos para participar nas clases que se imparten no polideportivo de Barbadás”.
No pavillón impártense pilates, pilates para embarazadas, aerobic latino, step, gap, cardiobox, aerobic, wellness, psicomotricidade, ximnasia de mantemento e musculación. O horario do polideportivo é de 7 da mañá a 13,00 horas e de 16,00 a 22,00 horas
As tarifas para apuntarse a calquera destas actividades oscilan entre os 12 euros ao mes que pagan as persoas que dispoñen de carné xove, os desempregados, discapacitados ou xubilados, mentres que o resto de usuarios pagan 15 euros ao mes. Estas tarifas varían se os usuarios acuden ao polideportivo pola tarde, sendo nese caso o custo de 20 euros para o usuario xeral e 16 euros para os que se benefician do desconto.