A falta dunha semana para o comezo da Liga o Club Ourense Baloncesto está a acurtar prazos para chegar o mellor posible ao partido contra Melilla.
Dous partidos de pretempada para os homes de Gonzalo García de Vitoria e unha derrota e unha vitoria. O primeiro encontro saldouse con derrota. Foi contra o Leyma Coruña na Copa Galicia. Moitos dos xogadores apenas habían adestrado cos seus novos compañeiros.
O segundo partido, contra o Vitoria de Guimaraes, tivo aos ourensáns como vencedores por un axustado 65-68. O terceiro encontro será este domingo na Coruña no Trofeo Teresa Herrera, contra Coruña.
O Club Ourense Baloncesto está rematando a primeira semana de adestramentos con toda a plantilla ao completo (falta un xogador, pero desde o corpo técnico non teñen prisa por incorporalo). Cunha semana para que comece a LEB Ouro non vai ser a mellor preparación de cara a ese primeiro encontro que o enfronta no Pazo o vindeiro venres contra Melilla. Os norteafricanos confeccionaro unha plantilla para loitar polo título.
Zamora e Kapelan
Seguindo coas presentacións dos xogadores da plantilla do 2015-2016 tocoulle o turno a Johrnan Zamora e Diego Kapelan.
Kapelan xa demostrou a súa habilidade para anotar e está chamado a ser un referente no apartado ofensivo do equipo. Pola súa banda, Zamora chega falto de forma. O técnico espera que en breve o venezolano de o seu nivel.