Ás 19 horas acollerá a proxección do filme “As altas presións”.
O domingo 4 de outubro, ás 19 horas, proxectarase na Casa da Cultura de Verín a película “As altas presións”. Con este filme, que obtivo o Premio á mellor película do Jurado Campus «Las nueva Olas» (Festival de Sevilla, 2014), péchase a primeira parte do Ciclo de Outono de Cinemas de Galicia. O prezo das entradas é de 3 euros.
As altas presións é unha roadmovie chea de espazos diferentes, con personaxes que se moven entre o cine, o teatro, o amor e a volta a casa, ou o que queda dela. O filme narra a historia de Miguel, que viaxa a Pontevedra co encargo de rexistrar as localizacións para unha película. A viaxe lévao a retornar a súa cidade natal, ao reencontro con vellos amigos; tamén, á posibilidade dunha nova relación: Alicia, una xoven enfermeira que conseguirá apacigualo. Miguel tratará de levar a término o seu traballo, aínda que case sempre prefira gravar ás persoas coas que se encontra, os movementos e os rostros dos seus amigos, os trens pasando ou o mar.
Filmes en novembro
Nos tres primeiros fins de semana de novembro, a Casa da Cultura acollerá o segundo ciclo da programación de Outono de Cinemas de Galicia. Comezará o sábado, día 7 ás 20 horas, coa proxección de “Le Week-End”. O sábado 14, tamén ás 20 horas, será o turno da película “9 ondas”. E a última será o día 22, ás 19 horas, a película “Guillaume y los chicos, ¡a la mesa!”.