As obras de mellora e mantemento das pontes Romana e do Milenio, na portada.
No interior informamos do balance dos 100 días de novo goberno no Concello de Ourense, visto polo PP e pola oposición. E analizamos a situación urbanística da cidade, coa decisión do TSXG de valorar a posible inconstitucionalidade da LOUGA, lei en base á cal foron aprobadas as normas urbanísticas provisionais, e coa publicación do informe de alegacións do novo PXOM.
Este mes entrevistamos á presidenta da asociación veciñal Covadonga, Esperanza Martín, e recollemos varias noticias relacionadas co emprego na nosa cidade.
Tamén informamos sobre as obras da depuradora, a nova sala de diagnóstico das Urxencias do CHUO, o balance de incendios deste verán ou o inicio do curso escolar.
A programación cultural que vén de presentarse, como a do Auditorio, o FITO ou o ciclo Enclave de Cámara, as imaxes do mes, a actualidade deportiva e os artigos dos colaboradores son outros dos puntos de interese da publicación.
Podes consultala on line aquí.