Estas actividades consisten en espectáculos os primeiros venres de cada mes.

O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu a presentación da programación infantil dirixida a bebés, unha nova oferta cultural para familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos.

Estas actividades consisten en espectáculos os primeiros venres de cada mes. O día 2 de outubro o protagonista será o teatro coa función “Chove!”, dúas personaxes que ensinan ao público con xogos, bailes e enredos que cantidade de cousas nos trae a choiva, antes e despois de que ela veñan ou marche. O prezo das obras é de 3 euros – gratuíto para bebés -, e no caso desta primeira actuación, haberá dous pases, ás 18 h e 19 h.

Ata decembro son en total tres actuacións, que inclúense dentro do programa Apego – no que está integrado o Concello de Ourense -, unha iniciativa que ten como obxectivo axudar ás familias a socialización en galego, para asentar o arraigo a lingua.

A maiores tamén, desde o departamento de Cultura chegouse a un acordo coa Xerencia do Sergas en Ourense para que todo o material promocional destas actividades infantís chegue aos Centros de Saúde e tamén ao Complexo Hospitalario.